jueves, 11 de febrero de 2021

XOVES DE COMADRES

Despedimos este día   
dunha maneira singular  
 coa visita dos boteiros
que para nós foi especial.

Ao marchar para casa,
escoitamos dende as filas
os saltos dos boteiros
tocando as súas esquilas.

Este ano, aínda que atípico  
non o imos olvidar
son moitas as emocións
coas que nos viñeron agasallar.

Con boteiros e cabezudos
chegamos ao fin do día.
Moitas grazas a Jorge Minas
por darnos esta alegría!







                     Hoxe celebramos este día cun Fulión virtual, 
        pero xuntos como tódolos anos. Grazas, IES Carlos Casares!

No hay comentarios:

Publicar un comentario