Para rematar este proxecto, que se desenvolveu ao longo de todo o curso, dende a área de E.F. organizáronse as
primeiras OLIMPIADAS do centro ao ser este ano olímpico e coincidir nun país traballado
dende o noso “Proxecto por Paises” (Brasil).
Esta actividade realizouse de xeito motivador e conductor
dunha temática tratada dende os diferentes cursos relacionando a cada
país cun aspecto diferente do movemento
olímpico:
·
HISTORIA
DO OLIMPISMO
·
OS
XOGOS PARALIMPICOS
·
RIO
DE JANEIRO 2016-BRASIL
·
PEKIN
2008-CHINA
·
BARCELONA
92- ESPAÑA
·
MEJICO
68-MEJICO
·
ROMA
60-ITALIA
A actividade contou cunha:
·
Presentación,
lectura e animación dun conto “Os bolechas na Olimpiadas”.
·
Búsqueda de información.
·
Redacción dun traballo sobre as diferentes
temáticas propostas.
Por outra banda
celebramos unha Olimpiada no ximnasio do centro coa disputa de distintos eventos na que
ocuparon un rol primordial os diferentes elementos clave dunhos “Xogos”
(Apertura, antorcha olímpica, competicións, medalleiro e clausura do acto).
O evento resultou todo un éxito no que os alumn@s
demostraron os auténticos valores olímpicos. Como despedida emplazouse o
alumnado do colexio a celebración dos II XOGOS OLÍMPICOS DO C.E.I.P. BIBEI dentro
de catro anos, cando estes coincidan coa XXXII OLIMPIADAS DE TOKIO-XAPÓN.
Pepe Jirís
No hay comentarios:
Publicar un comentario