
Chegou o feliz momento das tan gañadas vacacións, pero o colexio Bibei non pode pechar as súas portas sen recoñecer o gran esforzo que o seu alumnado e as súas familias fixeron na III CARREIRA SOLIDARIA coa súa fantástica aportación, que este ano recollemos para a ONG SAVE DE CHILDREN. Recaudáronse 330 euros de ilusión que se transferiron o día 28 de xuño á conta desta ONG.
Sen máis, este claustro despídese ata o vindeiro curso desexándovos a toda a comunidade educativa que pasedes unhas boas
vacacións.
¡Moitas grazas!
Click na foto
No hay comentarios:
Publicar un comentario