lunes, 24 de mayo de 2021

OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL

Agradecemos a colaboración do Concello de Viana do Bolo a realización   de  Obradoiros Medioambientais en todos os cursos do centro.



miércoles, 12 de mayo de 2021

"PERIGOS NA REDE"

 O noso centro participou un ano máis no Programa Plan Director, no que se abordaron contidos sobre a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, centrando a súa temática nos "Perigos na Rede". As charlas foron impartidas por profesionais da Garda Civil, dirixidas ao alumnado se 5º e 6º en sesión de mañá, e ás súas familias pola tarde. Nesta ocasión, as charlas impartíronse de maneira telemática debido aos protocolos COVID-19.

En relación a esta temática tamén se levaron a cabo uns talleres dirixidos ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, impartidos pola coordinadora da Cruz Vermella da zona.