O venres , 20 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas, adicadas a Manuel María Fernández Teixeiro, na Torre da Homenaxe por ser un lugar emblemático na historia de Viana do Bolo. Participaron neste evento os alumnos e alumnas de Primaria e Educación Infantil. Recitaron poesías, cantaron cancións, fixeron unha representación da RAG, falaron da vida e obra do autor, etc... E , como non, contaron cun público moi especial, os seus pais e as súas nais, que acompañaron aos/ás seus fillos e fillas durante esta actividade.
Programa de actividades
- Educación Infantil, primeiro e segundo de primaria recitaron unha poesía da obra “Os soños na gaiola“.
- Terceiro e cuarto falaron da vida do autor recitando “Eu son de Outeiro de Rei“, “Galicia “ e “Romance da Condesiña”.
- Representación da historia da RAG por quinto e sexto.
- Interpretación á frauta do Himno de Galicia por quinto e “ O Antergo Reino de Galicia“ por sexto.
- Cantaron a canción “ O carro “ os/as alumnos/as de cuarto coa colaboración de quinto e sexto.
Agradecer a colaboración e axuda prestada polo Concello e a presenza do Alcalde, a Concelleira de Cultura e ao Tenente Alcalde; asemade, agradecer os agasallos para o centro, un lote de libros sobre a vida e obra de Manuel María, que foron entregados ao remate da celebración.
Aos mestres e mestras e, por suposto, aos alumnos/as unha aperta moi grande polo traballo realizado, e polo seu entusiasmo .
No hay comentarios:
Publicar un comentario