domingo, 18 de junio de 2023

V RUTA MTB PENOUTA VIANA - 50 ANIVERSARIO

Outro ano máis arredor de 50 ciclistas e as súas 50 bikes completaron o percorrido da ruta MTB-CEIP BIBEI, que este ano adicabamos ao 50 ANIVERSARIO do noso centro.

    Máis de 50 localizacións do noso concello foron visitadas polo alumnado do cole e as súas familias, que este ano participaban por primeira vez para celebrar tan importante efeméride.

    Rematar agradecendo a todas aquelas persoas que coa súa colaboración fan posible este educativo e divertido evento: Concello de Viana do Bolo, Garda Civil, Policía Local, Protección Civil, Autos Bibei, Distribucións Novoas, Carpintería Carviana, Electricidade Jorge García e a tódalas familias e alumnado da nosa comunidade...

POR OUTROS 50 MAIS... QUE VIVA O CEIP BIBEI!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario