viernes, 9 de junio de 2023

50 ANIVERSARIO CEIP BIBEI

 Ao longo deste curso escolar 2022-23 celebramos o 50 Aniversario do CEIP Bibei, que empezou o seu funcionamento no curso 1972-73, coa Lei Xeral de Educación. Para ilo programamos distintas actividades, que comezaron xa a levarse a cabo no primeiro trimestre, tales como o mural para a entrada do centro, a confección do logo oficial, a formación do número 50 co alumnado no patio, actividades lúdico-culturais, fotografías e vídeos das distintas xeracións de alumnado que pasaron polo centro e unha exposición de material didáctico e impreso destes anos de ensinanza. Rematamos cunha comida homenaxe no comedor do colexio na que participou o antigo e actual profesorado e persoal non docente, antigos alumnos e alumnas e familias da comunidade educativa. Aquí tedes unha mostra de ditas actividades. 














 




No hay comentarios:

Publicar un comentario