Un ano máis celebramos o Samaín no cole con diferentes actividades coas que pasamos unha xornada moi divertida.
O luns o alumnado traía ao cole as súas cabazas terroríficamente impresionantes!! Unhas verdadeiras obras de arte!
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística organizou diferentes actividades nos días previos, e para o martes 31 preparáronnos uns divertidos obradoiros.
Dende Bibliobibei organizaron unhas sesións de contacontos nas que os maiores do cole lle achegaron a aventura de ler aos máis pequenos.
E na Área de Música e Danza creouse unha coreografía para a canción "Samaín" de Mamá Cabra, que bailamos todos xuntos no patio.
Como podedes ver, tivemos unha xornada moi entretida! Aquí vos deixamos unha mostra dela cunhas fotiños e un vídeo do baile.
Preme na imaxe
Preme na imaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario