O xoves, 26 de maio, os/as nenos/as de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º asistiron en Monforte ao musical do "Libro da Selva". Despois de desfrutar do espectáculo tivemos tempo de compartir merenda e xogos no parque.
Ver máis
martes, 31 de mayo de 2016
lunes, 30 de mayo de 2016
"Mates á medida"
O alumnado de 5º e 6º asistimos no IES Carlos Casares a unha sesión sobre o Sistema Métrico Decimal (SMD). Foron os nenos/as 1º da ESO, os encargados de explicárnolo. Pasámolo xenial practicando coas medidas e facendo test online con Kahoot co móbil e cos ordenadores!
Moitas grazas aos profes Pepe a Juan por convidarnos, e ao alumnado de 1º da ESO.
Chelo Losada
Moitas grazas aos profes Pepe a Juan por convidarnos, e ao alumnado de 1º da ESO.
Chelo Losada
miércoles, 25 de mayo de 2016
Día das Letras Galegas no Ceip Bibei.
O venres , 20 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas, adicadas a Manuel María Fernández Teixeiro, na Torre da Homenaxe por ser un lugar emblemático na historia de Viana do Bolo. Participaron neste evento os alumnos e alumnas de Primaria e Educación Infantil. Recitaron poesías, cantaron cancións, fixeron unha representación da RAG, falaron da vida e obra do autor, etc... E , como non, contaron cun público moi especial, os seus pais e as súas nais, que acompañaron aos/ás seus fillos e fillas durante esta actividade.
Programa de actividades
- Educación Infantil, primeiro e segundo de primaria recitaron unha poesía da obra “Os soños na gaiola“.
- Terceiro e cuarto falaron da vida do autor recitando “Eu son de Outeiro de Rei“, “Galicia “ e “Romance da Condesiña”.
- Representación da historia da RAG por quinto e sexto.
- Interpretación á frauta do Himno de Galicia por quinto e “ O Antergo Reino de Galicia“ por sexto.
- Cantaron a canción “ O carro “ os/as alumnos/as de cuarto coa colaboración de quinto e sexto.
Agradecer a colaboración e axuda prestada polo Concello e a presenza do Alcalde, a Concelleira de Cultura e ao Tenente Alcalde; asemade, agradecer os agasallos para o centro, un lote de libros sobre a vida e obra de Manuel María, que foron entregados ao remate da celebración.
Aos mestres e mestras e, por suposto, aos alumnos/as unha aperta moi grande polo traballo realizado, e polo seu entusiasmo .
miércoles, 11 de mayo de 2016
martes, 10 de mayo de 2016
PROMOCIÓN DE HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE
lunes, 9 de mayo de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)