viernes, 30 de junio de 2017
Deporteando no Bibei
Por fin remata o curso 2016/2017 e con él tamén remata a tempada deportiva. Moitos foron os esforzos, éxitos e tamén os sin sabores do fracaso e a derrota pero coa satisfación de saber que fixemos canto estuvo nas nosas máns para evitala.
¡ Unha grande aperta para o noso alumnado e boas e merecidas VACACIÓNS!.✌✌
Galería de fotos.
martes, 27 de junio de 2017
Graduados e graduadas de 6º de Primaria
Un ano máis os veteranos e veteranas do CEIP Bibei despiden o cole para
comezar unha nova etapa na que esperamos que se sigan formando como persoas que
acaden todo aquelo que se propoñan.
Só nos queda desexarvos moita sorte e pedirvos que sigades
vendo ó Bibei como a vosa casa na que sempre seredes ben recibid@s. Moita sorte
para todos e todas.
domingo, 18 de junio de 2017
Saída a Segovia e Madrid
VISITA LÚDICA E CULTURAL AS
CIDADES DE MADRID E SEGOVIA
O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria
realizamos a nosa excursión de
fin de curso durante tres días as cidades de
Segovia e Madrid acompañados de catro mestres. Foi unha ledicia percorrer
andando a fermosa e histórica cidade de
Segovia na que puidemos observar
coa axuda dun estupendo guía turístico
o impresionante acueducto romano,
o barrio xudeo, grandes casas señoriais
con escudos, esculturas en rúas e
prazas, a catedral, o antigo cárcere, o Alcázar, os xardíns
de Fernando VII; para rematar na
Alameda da Fuencisla onde comemos xunto ao río Eresma, lugar este no que a
natureza mestúrase, coa historia, tradicións e cultura nun impresionante marco
natural. Os seguintes días en Madrid visitamos
o centro da cidade cheo de
emblemáticos lugares como a Porta do Sol, Praza Maior, Praza de Isabel
II, Palacio Real, a Almudena etc... que
representan o Madrid clásico. O segundo día
estivemos disfrutando do parque de atraccións e o último
día non puido ser mellor visitando
o zoolóxico no cal asistimos a tres exhibicións e contemplamos toda a flora e fauna do zoolóxico. Para ver o ben que o pasamos na nosa excursión entrade
na galeria de fotos.
martes, 13 de junio de 2017
A miña mascota
AO LONGO DESTE CURSO ACADÉMICO,
AS NENAS E NENOS DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, LEVAMOS A CABO UN PROGRAMA
QUE SE ATOPA INCLUÍDO NO "PLAN
PROXECTA", E CHÁMASE "PROTEXE AOS ANIMAIS".
TRÁTASE DUN PROGRAMA DE
INNOVACIÓN EDUCATIVA PROMOVIDO POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, QUE TEN COMO
FINALIDADE A CONCIENCIACIÓN DO ALUMNADO NA PROTECCIÓN E NO RESPECTO POLOS
ANIMAIS, CO FIN DE GARANTIR A SÚA TENZA RESPONSABLE.
NA PRIMEIRA ETAPA DO PROGRAMA
PARTIMOS DA TEMÁTICA “A MIÑA MASCOTA”, ONDE O ALUMNADO DESCRIBIU OS ASPECTOS
MÁIS IMPORTANTES DE CADA UNHA DELAS
.O SEGUINTE PASO FOI O DE ENSINARLLE O TRABALLO AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.
.O SEGUINTE PASO FOI O DE ENSINARLLE O TRABALLO AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.
NA SEGUNDA ETAPA DO PROGRAMA OS NENOS
E NENAS ELABORARON UN CONTO E UNHA MAQUETA, ONDE OS ANIMAIS FORON OS
PROTAGONISTAS PRINCIPAIS DA HISTORIA.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)