Con motivo
da conmemoración do día dos "Dereitos da infancia" e o "Día
internacional contra a violencia de xénero", leváronse a cabo distintas
actividades no centro. O xoves día 23 fomos convidados dende o CIM do concello
de Viana do Bolo á representación da obra "A nena que quería navegar"
na casa da cultura. Trátase dunha comedia na que a través de técnicas de
reforzo positivo téntase mellorar a autoestima dos nenos e nenas ante unha
situación de acoso escolar. Á representación da obra acudiron os nenos e nenas
de primaria e os nenos e nenas de primeiro da ESO do instituto.
miércoles, 29 de noviembre de 2017
lunes, 27 de noviembre de 2017
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Os alumnos e alumnas de Educación Infantil contribuímos a fomentar a igualdade entre nenos e nenas e censurar a violencia de xénero coa elaboración dun mural na que participamos todos/as.
martes, 14 de noviembre de 2017
PLAN DIRECTOR
O luns, 20 de novembro terán lugar unhas charlas informativas polo Plan Director, no que se tratarán os temas: acoso escolar e risco en internet.
Pola mañá estarán dirixidas ao alumnado de 5º e 6º .
Pola tarde, ás 17:00h na biblioteca do CEIP BIBEI terá lugar a charla dirixida a profesorado e familias.
Rógase a súa asistencia pola importancia dos temas a tratar.
Par máis información consultar o seguinte enlace: Plan director.
domingo, 12 de noviembre de 2017
Samaín Ceip Bibei 2017
O pasado 31 de outubro festexamos o Samaín no noso cole cunha morea de actividades. Nada máis entrarno colexio déronnos os bos días unha morea de cabazas que os nenos e nenas prepararon coas súas familias con moito agarimo.
O colexio estaba espectacular!, daba terror pasar polos corredores porque te podías atopar con pantasmas ou enredarte nalgunha tea de araña.
O colexio estaba espectacular!, daba terror pasar polos corredores porque te podías atopar con pantasmas ou enredarte nalgunha tea de araña.
Os máis pequenos tiveron oportunidade de asistir a unha sesión de contacontos representada polos maiores. Tamén descubrimos as nosas dotes culinarias e artísticas en dous talleres elaborando comidas terroríficaaas e monstruos que metían meeeedooo. E, como non hai festa sen baile…, todo o cole bailamos e cantamos unha popular canción do Samaín: “Tumba, tumba”, eso sí, coa nosa propia versión. Para rematar a xornada,
nada mellor que un terrorífico desfile onde fixeron a súa aparición gatos negros, pantasmas, esqueletes…
nada mellor que un terrorífico desfile onde fixeron a súa aparición gatos negros, pantasmas, esqueletes…
Moitísimas grazas a todos e todas pola vosa colaboración e entusiasmo.
viernes, 10 de noviembre de 2017
TODOS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
Todos contra a violencia machista.
O día 25 de novembro é o día
internacional contra a violencia machista. O alumnado de primaria
do CEIP
Bibei participará o día 23
na actividade organizada polo Concello na Casa da Cultura, a
representación teatral “A nena
que quería navegar”.
Agradecemos o convite do Concello.
miércoles, 8 de noviembre de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)