miércoles, 31 de enero de 2018
Xa chegou o Entroido
Hoxe no colexio Bibei
o Entroido vai empezar.
Que toquen aixadas e bombos!
Que repeniquen sen parar!
Saída ao cine
O luns disfrutamos dunha xornada de cine na Casa da Cultura de O Barco de Valdeorras. A película titulàbase “ Ferdinand” . Tivemos a sorte de coñecer a un toro pacífico e simpàtico cun gran corazón que intenta evitar o seu violento destino a través da amizade. Aproveitamos esta saída como actividade motivadora para a celebración do Día da Paz.
Preme para ver as fotos.
Preme para ver as fotos.
lunes, 22 de enero de 2018
OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS.
O alumnado de 6º ven de participar nun obradoiro de xogos populares e tradicionais organizados pola Deputación de Ourense e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo. Foron dúas sesións nas que ademáis de disfrutar, aprenderon o valor da cultura tradicional e do xogo cooperativo a través de xogos bailados, ou outros tan tradicionais como as tabas, "Don Pedrón" e "O anel ou o furón".
miércoles, 3 de enero de 2018
Postais de Nadal.
Dende o Equipo de
Dinamización da Lingua Galega , un ano máis, queremos dar as grazas aos alumnos e
alumnas de Educación Infantil e Educación Primaria pola calidade e creatividade
na composición das Postais de Nadal.
Unha aperta para todos. Bo Nadal!!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)