O xoves día 14 celebramos a IX Carreira Solidaria. Grazas pola vosa colaboración.
viernes, 22 de junio de 2018
EDUCACIÓN VIAL
O venres, 15 de xuño, levamos a cavo no CEIP Bibei unhas xornadas de
“Educación Viaria”,nas que participaron os alumnos do CEIP San Martiño de
Vilariño de Conso , os de 1º de ESO do IES Carlos Casares e o alumnado do
CEiPBibei de Viana do Bolo.
As xornadas
consistiron en charlas informativas, talleres de debuxo e primeiros auxilios
organizados pola cruz vermella, circuítos de karts, bicicletas, patinetes e
patíns; e da presenza de diferentes vehículos de tráfico, policía local,
protección civil, camións de bombeiros e a ambulancia.
O alumnado
recibiu información de nocións básicas sobre a seguridade viaria e puido
coñecer de cerca o traballo dos distintos colectivos e os seus vehículos.
GALERÍA.
jueves, 21 de junio de 2018
Lodoselo
O día 29 de maio os alumnos e alumnas de 3º e 4º foron de
excursión a unha pequena aldea chamada Lodoselo, situada na provincia de
Ourense.
Alí, realizaron distintas actividades que lle permitiron
conectar co mundo rural. Así, por exemplo,
fixeron pan e decorárono ao seu estilo, somerxéronse na técnica do reciclado de
papel, montaron nun carro guiado por un burro, acariciaron e colleron
diversidade de animais e… ata alimentaron a unhas cantas ovellas que estaban
famentas!
Despois destas actividades e de encher o estómago, os
monitores e monitoras que traballaban na aldea invitáronos a particiar nunha
serie de xogos populares, nos cales os nenos e nenas disfrutaron e conectaron
coas épocas pasadas.
Como mostra do ben que o pasamos, deixámosvos as fotos deste
día tan marabilloso.
Galería.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)