martes, 21 de diciembre de 2021
Nadal Ceip Bibei 21
lunes, 20 de diciembre de 2021
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2021
Aquí vos deixamos as postais gañadoras de cada curso, coas que vos queremos desexar unhas Boas Festas!
Noraboa a todos e todas!
jueves, 16 de diciembre de 2021
Onte unha representación do noso centro asistía á XX Gala de Premios + Deporte-La Región. Desta vez non puido ser, pero aínda que non gañásemos o premio, o feito de ser nominados xa nos fixo inmensamente felices.
Noraboa aos gañadores. No CEIP Bibei seguiremos disfrutando co deporte! e... quen sabe se para a próxima... nos toque a nós.
viernes, 10 de diciembre de 2021
XX GALA DO DEPORTE OURENSAN "LA REGIÓN + DEPORTE"
O CEIP Bibei foi nominado por 3ª vez ao Premio "Mellor Colexio" participante no Programa Xogade da Xunta de Galicia na XX Gala de Premios + Deporte-La Región, que se celebrará en Ourense o día 15 de Decembro, e onde se elixirán os mellores deportistas e institucións deportivas ourensás do ano 2021.
O CEIP Bibei, xunto ao IES As Lagoas de Ourense e ao CPR Sagrado Corazón de Celanova, optará a dito galardón.
Dende o centro queremos desexar a maior das sortes aos coles seleccionados e felicitar ao noso alumnado por ser, ano tras ano, os verdadeiros artífices dos logros deportivos do noso colexio.
Viva o DEPORTE e viva o BIBEI!
jueves, 25 de noviembre de 2021
miércoles, 24 de noviembre de 2021
VISITA AO CENTRO ASTRONÓMICO DE TREVINCA
jueves, 11 de noviembre de 2021
MAGOSTO 2021
Hoxe celebramos o Magosto no nose cole!! Para amenizar a xornada, o alumnado de 6º quérenos agasallar co seu "Rap do Magosto". Este traballo foi creado integramente polo alumnado no marco do Programa Digicraf, no que tamén participa o alumnado de 5º.
jueves, 4 de noviembre de 2021
Ciberseguridade no Cole!
Hoxe o alumnado de 5º e 6º participou na primeira fase inicial de clasificación do concurso de Ciberseguridade para centros educativos de Galicia, organizada pola Fundación Telefónica e Amtega; e na que participaron un total de 42 centros. A proba realizouse mediante videoconferencia.
Estamos contentos porque unha das aulas conseguíu manterse no podium en tres das dez preguntas, e a outra aula quedou entre os dez primeiros clasificados. Unha grata experiencia para os nosos nenos!
miércoles, 3 de noviembre de 2021
O SAMAÍN
Un ano máis, a celebración do Samaín estivo chea de ilusión e sorpresas. Dende o Equipo de Normalización LingUística organizaron diferentes actividades ao longo da semana pasada. Deste xeito, a cativada disfrutou de diferentes filmes e divertidas actividades que o profesorado lle preparou.
O mércores pola mañá os nenos acudían ao centro acompañados das súas cabazas, que con esmero e ilusión prepararon coa súa familia, e que quedaron expostas na entrada princiañ. Un ano máis non deixades de sorprendernos con esas obras de arte!! Moitas grazas pola vosa colaboración. Agradecer tamén ao Concello o posterior traslado das cabazas para facer unha exposición das mesmas na Praza da vila.
O xoves foi o día das merendas terroríficas. Imaxinación ao poder!! Elaboracións dignas dos mellores chefs!!
E xa o último día, para despedir a semana ao grande, chegabamos ao centro disfrazados. Ese día tamén bailamos todo o cole unha canción de Samaín.
E así, con moita música, ilusión e alegría, chegamos ao final dunha terroríiiiiifica e divertidíiiiisima semana. Deixámosvos unha mostra do que fixemos, agardamos que o disfrutedes tanto coma nós.
jueves, 28 de octubre de 2021
XOGOS DE EDUCACIÓN EMOCIONAL
Onte tivemos a sorte de recibir no CEIP BIBEI un lote de xogos de educación emocional que tiñamos solicitados a través da FAPA (Federación de AMPA de Centros Públicos de Ourense).
O lote consta de tres xogos: Emparchís, que nos servirá para traballar a empatía; Arquetipos, para a resolución de problemas persoais e sociais; e Wisdómini, para favorecer a reflexión sobre a relación con nós mesmos e cos demais.
Esta aportación foi posible grazas a que no centro contamos cunha ANPA federada. O noso agradecemento tanto a FAPA de Ourense como a ANPA do CEIP BIBEI.
domingo, 10 de octubre de 2021
lunes, 20 de septiembre de 2021
viernes, 10 de septiembre de 2021
viernes, 3 de septiembre de 2021
BENVIDOS AO CURSO 2021-22
Estimadas familias:
Damos comezo a este novo curso escolar con moita ilusión e co desexo de que todo se desenvolva coa maior normalidade posible. Estamos seguros de que coa colaboración familia-escola todo vai saír ben. Dende o centro seguiremos poñendo todos os medios e esforzos posibles para garantir que os vosos fillos e fillas teñan o entorno máis seguro posible para o exercicio do seu dereito á educación.
O alumnado incorporarase á aulas o vindeiro xoves, día 9 de setembro; tal e como se recolle na
O horario de entrada o día 9 será o seguinte:
- 3 anos (horario de adaptación)
- 09:15h - 09:30h: 4 anos
- 09:30h - 09:45h: 5 anos
- 09:45h - 10:00h: 1º Curso
- 10:00h - 10:15h: 2º Curso
- 10:15h - 10:30h: 3º Curso
- 10:30h - 10:45h: 4º Curso
- 10:45h - 11:00h: 5º Curso
- 11:00h - 11:15h: 5º Curso
PREGAMOS PUNTUALIDADE E AXILIDADE NAS ENTRADAS PARA EVITAR AGLOMERACIÓNS.
Nos próximos días publicaremos o Protocolo de Adaptación do centro á situación COVID19.
NOVIDADE TRANSPORTE: Para que o alumnado usuario excepcional do transporte poida facer uso deste servizo sen custo económico deben facer uso da tarxeta de transporte Xente Nova, coa que os importes inicialmente abonados seranlles reintegrados pola Xunta de Galicia nos termos previstos para esta tarifa, dos que se ofrece información na web www.bus.gal.
Un afectuoso saúdo e moito ánimo.
miércoles, 30 de junio de 2021
ACTIVIDADES FIN DE CURSO
Este ano, tan distinto aos outros, no CEIP BIBEI, celebramos o fin de curso con diferentes actividades.
Comezamos o día 11 de xuño coa Carreira Solidaria. Este ano superamos o récord!! Tivemos unha recaudación de 1.107,47 EUROS!!! Noraboa ás familias e a todos os que o fixestes posible!!
A recaudación deste ano repartirase entre as asociacións Save The Children e Dca Ourense Renacer .
Continuamos coas celebracións... O día 21, o alumnado de Educación Infantil realizaba diferentes actividades lúdicas no cole organizadas por Pinchacarneira, xa que a climatoloxía non permitíu levalas a cabo na área das piscinas municipais, que era onde nun principio estaba previsto. PASÁRONO XENIAAAALLLL!!!
Mentres o alumnado de infantil se divertía no centro, os nenos de 4º, 5º e 6º realizaron a III Ruta MTB co percorrido: alto de Penouta-Viana.
O día 22 rematamos coas actividades do alumnado de Primaria no pavillón de deportes, que ao igual que os de infantil no día anterior, PASÁRONO SUUUUPER XENIAAAALLL!!!
Agradecer a Pinchacarneira a organización destas actividades e a súa colaboración co CEIP BIBEI sempre.
lunes, 21 de junio de 2021
martes, 15 de junio de 2021
XI CARREIRA SOLIDARIA
O venres día 11 de xuño celebramos a XI Carreira Solidaria no centro, organizada desde o Programa Xogade e dentro do Plan Proxecta. Este día sírvenos como xornada de convivencia coas familias, aínda que este ano non puidemos contar soa súa presenza seguindo o Protocolo da adaptación á situación Covid 19 no centro. Todos os alumnos e alumnas do centro... uns auténticos deportistas. Un agradecemento especial ao profesor de Educación Física, Pepe, que organizou con éxito o evento.
Preme na imaxe e veredes unha mostra de fotos para lembrar ese día.
jueves, 3 de junio de 2021
Letras Galegas 2021
Este ano a autora homenaxeada no día das Letras Galegas foi Xela Arias Castaño. No centro tamén quixemos festexar as Nosas Letras con diferentes actividades levadas a cabo durante "A Semana das Nosas Letras": proxección de filmes na nosa lingua, realización de murais e decoración de corredores, cancións e coreografías, maratóns de lectura e sesións nas que o alumnado de 5º e 6º lle leu aos máis pequenos os Contos ao teléfono de Gianni Rodari traducidos por Xela Arias.
Este vídeo é un pequeno resumo de como vivimos eses días. Agardamos que vos guste!
lunes, 24 de mayo de 2021
OBRADOIRO MEDIOAMBIENTAL
Agradecemos a colaboración do Concello de Viana do Bolo a realización de Obradoiros Medioambientais en todos os cursos do centro.
miércoles, 12 de mayo de 2021
"PERIGOS NA REDE"
O noso centro participou un ano máis no Programa Plan Director, no que se abordaron contidos sobre a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, centrando a súa temática nos "Perigos na Rede". As charlas foron impartidas por profesionais da Garda Civil, dirixidas ao alumnado se 5º e 6º en sesión de mañá, e ás súas familias pola tarde. Nesta ocasión, as charlas impartíronse de maneira telemática debido aos protocolos COVID-19.
En relación a esta temática tamén se levaron a cabo uns talleres dirixidos ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, impartidos pola coordinadora da Cruz Vermella da zona.
martes, 27 de abril de 2021
viernes, 16 de abril de 2021
domingo, 21 de marzo de 2021
jueves, 11 de marzo de 2021
8 DE MARZO, "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"
Para conmemorar esta data o alumnado do CEIP Bibei participou no "IV Concurso de
carteles do 8 de marzo" coa realización dun cartel por aula.
sábado, 13 de febrero de 2021
LEMBRANZAS DUN ENTROIDO CONFINADO
Esta é unha mostra da celebración do Entroido 20021. Un Entroido diferente, pero coma sempre participativo e cargado de emoción.. Unha semana seguindo o ditado das mandas, con disfraces, lardeiros, ritmo e sorpresas.
XOVES DE COMPADRES!!!
Preme na imaxe para ver máis.
XOVES DE COMADRES!!!
viernes, 12 de febrero de 2021
O SENTIMENTO DO ENTROIDO
O Entroido é sentimento,
ledicia e emocións,
así o plasmaron os nenos
nas súas creacións.
Un traballo ben feito
realizado con esmero,
de recompensa, os Bolechas
ragalados polo Concello.
Preme na imaxe para ver todas as fotos.
jueves, 11 de febrero de 2021
XOVES DE COMADRES
Despedimos este día
dunha maneira singular
coa visita dos boteiros
que para nós foi especial.Ao marchar para casa,escoitamos dende as filasos saltos dos boteirostocando as súas esquilas.Este ano, aínda que atípico
non o imos olvidar
son moitas as emociónscoas que nos viñeron agasallar.Con boteiros e cabezudoschegamos ao fin do día.Moitas grazas a Jorge Minaspor darnos esta alegría!
martes, 9 de febrero de 2021
II CONCURSO FOTOGRÁFICO DO ENTROIDO
ENTROIDO 2021
lunes, 1 de febrero de 2021
DÍA DA PAZ 2021