jueves, 25 de noviembre de 2021
miércoles, 24 de noviembre de 2021
VISITA AO CENTRO ASTRONÓMICO DE TREVINCA
jueves, 11 de noviembre de 2021
MAGOSTO 2021
Hoxe celebramos o Magosto no nose cole!! Para amenizar a xornada, o alumnado de 6º quérenos agasallar co seu "Rap do Magosto". Este traballo foi creado integramente polo alumnado no marco do Programa Digicraf, no que tamén participa o alumnado de 5º.
jueves, 4 de noviembre de 2021
Ciberseguridade no Cole!
Hoxe o alumnado de 5º e 6º participou na primeira fase inicial de clasificación do concurso de Ciberseguridade para centros educativos de Galicia, organizada pola Fundación Telefónica e Amtega; e na que participaron un total de 42 centros. A proba realizouse mediante videoconferencia.
Estamos contentos porque unha das aulas conseguíu manterse no podium en tres das dez preguntas, e a outra aula quedou entre os dez primeiros clasificados. Unha grata experiencia para os nosos nenos!
miércoles, 3 de noviembre de 2021
O SAMAÍN
Un ano máis, a celebración do Samaín estivo chea de ilusión e sorpresas. Dende o Equipo de Normalización LingUística organizaron diferentes actividades ao longo da semana pasada. Deste xeito, a cativada disfrutou de diferentes filmes e divertidas actividades que o profesorado lle preparou.
O mércores pola mañá os nenos acudían ao centro acompañados das súas cabazas, que con esmero e ilusión prepararon coa súa familia, e que quedaron expostas na entrada princiañ. Un ano máis non deixades de sorprendernos con esas obras de arte!! Moitas grazas pola vosa colaboración. Agradecer tamén ao Concello o posterior traslado das cabazas para facer unha exposición das mesmas na Praza da vila.
O xoves foi o día das merendas terroríficas. Imaxinación ao poder!! Elaboracións dignas dos mellores chefs!!
E xa o último día, para despedir a semana ao grande, chegabamos ao centro disfrazados. Ese día tamén bailamos todo o cole unha canción de Samaín.
E así, con moita música, ilusión e alegría, chegamos ao final dunha terroríiiiiifica e divertidíiiiisima semana. Deixámosvos unha mostra do que fixemos, agardamos que o disfrutedes tanto coma nós.