jueves, 22 de diciembre de 2022
DEPORTIVO E DOCE REMATE
Como remate a toda unha semana cargadiña de actividades, que mellor maneira de facelo que con algo que xa é tradición por estas datas... O tradicional Torneo de Tenis de Mesa do CEIP Bibei!, que este ano tamén estivo acompañado do Torneo de Bádminton. Grazas á área de Educación Física por facelo posible!
O noso agradecemento a Maite e a Rocío por agasallarnos cun riquísimo chocolate!
Deixámosvos unhas imaxes do divertida que tivemos a mañá.
Preme na imaxe
miércoles, 21 de diciembre de 2022
CONCERTO DIDÁCTICO
Hoxe tocou xornada festiva!! Os nosos nenos e nenas puideron gozar en directo da variada instrumentación da música tradicional de Galicia da man dos Monifates, un dúo formado por un músico e un artesán de instrumentos tradicionais que se encarga de fabricar os instrumentos empregados nas súas actuacións. Todo un espectáculo! no que, ademáis, uns monicreques de mesa acompañaban cos seus bailes as pezas musicais. Grazas á área de Música e Danza por achegarnos esta proposta!
martes, 20 de diciembre de 2022
TORNEOS 50 ANIVERSARIO!
Torneos 50 aniversario: torneo de bádminton e torneo de tenis de mesa.
50 anos participando, 50 anos de deporte, 50 anos de CEIP Bibei. Por outros 50 anos máis!
O xoves xogamos ás finais dos torneos e repartimos os agasallos. Sorte!
lunes, 19 de diciembre de 2022
MAXIA PARA FIN DE TRIMESTRE
Esta semana estamos de celebración! Co motivo do 50 aniversario do Bibei e do fin do trimestre, o alumnado gozou dun espectáculo de máxia e humor onde foron os protagonistas.
Grazas ao Mago Paco pola súa máxia e por facernos rir tanto! Grazas ao EDLG por achegarnos este fantástico espectáculo.
Preme na imaxe