viernes, 31 de mayo de 2024

CARREIRA SOLIDARIA

 No CEIP Bibei rematamos a semana coa XIV Carreira Solidaria. 

A de hoxe foi unha xornada festiva e de convivencia, na que toda a comunidade educativa correu unida por unha causa solidaria, recaudar fondos para a Asociación Save The Children.

Grazas a todos e todas por acompañarnos nesta xornada tan especial e polas vosas aportacións.



                                                                          Preme na imaxe


miércoles, 29 de mayo de 2024

CONCERTO MÚSICA TRADICIONAL

 Hoxe no CEIP Bibei tivemos a sorte de desfrutar da actuación do grupo infantil de pandeireteiras e pandeireteiros da Asociación Abaneo de Viana do Bolo.

Grazas a todos e todas por facernos pasar un rato tan agradable, especialmente á súa mestra Mariam Salgado. 

Poidemos comprobar que a música tradicional en Viana ten moito futuro!



domingo, 26 de mayo de 2024

COIDAMOS DO MEDIO

 Durante a semana, o noso alumnado tivo a oportunidade de participar en dous obradoiros a través dos cales aprenderon e reforzaron os seus coñecementos a cerca do coidado do medio ambiente.

Entendemos que é esencial que dende unha idade temperá o alumnado adquira conciencia ambiental. Este tipo de obradoiros permítelles comprender o importante papel que teñen na preservación do medio.

O primeiro deles tivo como obxectivo principal ensinar aos nenos e nenas a importancia das "3 erres": Reducir, Reutilizar e Reciclar. Foi impartido por Cristina, unha representante de Sogama, a Sociedade galega do Medio Ambiente.

Este obradoiro forma parte das diferentes actividades organizadas dende o Club da Ciencia.


No segundo taller, o axente medioambiental Xosé Manuel e os seus acompañantes transmitíronlles aos nosos nenos e nenas a importancia de coidar a natureza e o importante papel que teñen as árbores.

Distribuidos en tres grupos dende infantil ata 6º de primaria, o alumnado participou na plantación de varios bidueiros, árbore típica dos nosos ríos.

Grazas a todos eles por acompañarnos e transmitirnos os seus consellos e coñecementos para o coidado do medio.




jueves, 16 de mayo de 2024

LETRAS GALEGAS 2024



 Este ano adícanselle as Letras Galegas a Luisa Villalta. No CEIP Bibei quixemos conmemorar esta data con diferentes actividades.

Ademais do traballo realizado nas diferentes aulas, o mércores 15 asistiamos a un espectáculo de maxia na biblioteca do noso centro. O mago Martín deixounos impresionados cos seus números, que tiñan como fío condutor á autora Luisa Villalta.

Na xornada de hoxe recibiamos aos colexios de Vilariño de Conso e A Veiga para festexar todos xuntos as nosas Letras.  

Dabamos comenzo a esta xornada conmemorativa coa interpretación dun fragmento do Himno Galego a cargo do alumnado de 6º de primaria, ao que se sumaría o alumnado de 5º para ir adentrándonos máis nesta xornada festiva ao ritmo da popular canción "A saia da Carolina". 

Ao ritmo da "Muiñeira de Limiñoa" de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, o alumnado de primaria pechaba as actuacións musicais e dáballe paso á parte máis lúdica da xornada, unhas  rotacións por diferentes talleres que o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística nos preparou e coa que nos divertimos moito.


                                                               Preme na imaxe