Vaia sorpresiña cando chegamos o martes ao cole! Os Reis Magos de Oriente pasaron polas
nosas aulas e agasalláronnos cuns xogos fermosísimos e moi interesantes, tratando así de que
poñamos a nosa mente a traballar. Tentaremos sacarlle o máximo partido e esperaremos con
ansia a visita das súas Maxestades o vindeiro ano!
No hay comentarios:
Publicar un comentario