Dende o Equipo Directivo do CEIP Bibei desexámosvos a toda a comunidade educativa unhas felices vacacións.
As clases reanudaranse o 11 de setembro ás 9:15h.
viernes, 28 de junio de 2019
jueves, 27 de junio de 2019
O CORPO 3 ANOS
Apareceu un esqueleto desmontado en clase e puxémosnos a
invetigar, como o podiamos montar.
Ver VÍDEO
Ver VÍDEO
VERMES DE SEDA DE 3 ANOS
Chegaron ovos de vermes de seda á clase, Naia era a
encargada de traer as follas de moreira, tivemos a sorte de ver todo o ciclo.
Descarga AQUÍ
EXPERIENCIAS EN 3 ANOS
A neve chegou a Viana, foi todo un acontecemento. Puidemos
tocala, ata fixemos un boneco de neve, eso si, a profe fíxonos pensar que lle podiamos
poñerlle ollos, boca….
Aparecían notas, investigamos sobre
os indios e chegou unha caixa que tiña un tipi e a nosa mascota.
Plantamos diferentes sementes, pero
tiñamos un gran traballo en equipo por diante e contamos coa colaboración da
profe Laura. Mentres uns clasificaban as sementes, outros escribían os nomes
dos compañei@s, dous buscaban no ordenador con Laura os nomes das sementes para
identificalos e outro grupo escribía o nome das sementes e finalmente
plantamos.
miércoles, 26 de junio de 2019
II Ruta de MTB Ciclo-escolar.
O día 21 de maio
realizouse no centro a II Ruta de MTB Ciclo-escolar, onde o alumnado de 5º e 6º
de EP realizou unha ruta de bicicletas para así por en marcha o aprendido nas
xornadas de Educación Vial e practicar as normas de circulación. Esta, tivo unha
duración aproximada de 3 horas, onde as vías utilizadas foron camiños,
carreteras secundarias e primarias, así como as rúas da vila de Viana do Bolo.
Carreira Solidaria.
Como cada ano dende vai unha década, tivo lugar no CEIP Bibei, o día 13 de xuño a “CARREIRA SOLIDARIA”. Nesta participou todo o alumnado do centro, os cativos da Galiña Azul e as familias. O obxectivo foi recaudar donacións para a ONG “Save the children”.
Moitas grazas a todos e todas por participar e colaborar.
jueves, 20 de junio de 2019
Xornada de Educación Vial no Ceip Bibei
O día 14 de xuño o alumnado do CEIP Bibei participou, un ano máis, nas Xornadas de Educación Vial, xunto a escolares dos colexios da Veiga, Vilariño de Conso e os alumnos de 1º de ESO do IES Carlos Casares.
O noso patio converteuse nun escenario de distintas actividades. Este ano contamos coa participación do helicóptero e a Garda Civil da DXT; coa Protección Civil, a Policía Local e o 061 de Viana do Bolo; o GES o camión de bombeiros e a cruz vermella da Gudiña.
miércoles, 12 de junio de 2019
jueves, 6 de junio de 2019
APRENDENDO CON JORGE, GABI E ANTONIO
Grazas a visita de Jorge e Gabi aprendemos moitísimo
sobre o entroido en Viana e pasámolo xenial, tamén temos que agradecer a colaboración de Marisol e o profe Pepe, xunto con Mauro ao bombo (son do bombo) Que sorte tivemos!!!
miércoles, 5 de junio de 2019
As alumnas de sexto de primaria Sara González
Conde e Arancha Ro dríguez Diéguez quedaron finalistas do 38 Concurso “ ¿ Qué es un rey para ti ? Organizado pola Fundación Institucional Española e patrocinado pola Fundación Orange.
A entrega de premios tivo lugar na Escola Galega
da Administración Pública ( EGAP ) en Santiago de Compostela. A este evento
acudiu a Conselleira de Educación, o representante de FIES e o representante
institucional de Orange.
Foi unha
magoa que Sara e Arancha non puideran asistir ao acto por estar de excursión de fin de curso en
Madrid. No seu lugar recolleron os premios as súas nais acompañadas pola súa titota
.
Parabéns para as dúas polos vosos traballos!!!!
![]() |
Arancha Rodríguez Diéguez |
![]() |
Sara González Conde. |
sábado, 1 de junio de 2019
Visita do alumnado de sexto ao IES Carlos Casares
O
martes o alumnado de sexto de primaria achegouse ao IES Carlos Casares para celebrar a Feira
das Ciencias e ter un día de convivencia
no centro cos futuros compañeiros e profesores.
Participaron
na Feira das Ciencias , xunto cos alumnos da Veiga, Vilariño e A Gudiña, cos seus experimentos científicos; percorreron
as distintas instalacións do centro; e foron informados das diferentes actividades,
actos , excursións, etc.. polos alumnos de 1º da ESO.
Asistiron
a unha conferencia sobre o cerebro impartida polo gran comunicador Xurxo Mariño , biólogo especializado en
neurociencia.
Moitas grazas aos profesores pola súa amabilidade
e a súa acollida aos futuros alumnos de primeiro da ESO.
Día das letras galegas: Antón Fraguas.
Circuíto Lúdico - lector.
O 16 de maio celebramos “ O día das letras galegas “ no Ceip Eduardo Ávila Bustillo da Veiga.
Participamos, no circuíto lúdico - lector , o Ceip Bibei, o Ceip San Martiño e o
Ceip Eduardo A. Bustillo.
O tema escollido para a
realización do circuíto foi “ As nosas lendas “. Recollimos lendas dos tres
concellos para elaborar as actividades e os xogos dos obradoiros e tamén
traballamos a vida e obras do autor agasallado, Antón Fraguas. Algúns dos obradoiros nos que os alumnos e alumnas participaron foron : “Os escornabots “, “ Que medre a lingua “, “ A pesca
das lendas “, “ A xoiaría “ , “ Quen sabe máis …” , “As tres en liña “, “ Recordando a Veiga “,
etc… Unha morea de actividades de
carácter lúdico para que o alumnado puidera desfrutar e aprender ao mesmo
tempo.
Para rematar o evento
contamos coa actuación do Mago Rafa que
asombrou a grandes e pequenos cos seus trucos onde a imaxinación, ilusión e
fantasía foron os ingredientes principais.
Dende o EDL queremos dar as
grazas a todos os compañeiros/as e alumnado pola súa colaboración e
entusiasmo na realización do circuíto
lúdico – lector.
![]() |
Quen sabe máis de ...? |
![]() |
Os escornabots |
![]() |
O Mago Rafa |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)