Circuíto Lúdico - lector.
O 16 de maio celebramos “ O día das letras galegas “ no Ceip Eduardo Ávila Bustillo da Veiga.
Participamos, no circuíto lúdico - lector , o Ceip Bibei, o Ceip San Martiño e o
Ceip Eduardo A. Bustillo.
O tema escollido para a
realización do circuíto foi “ As nosas lendas “. Recollimos lendas dos tres
concellos para elaborar as actividades e os xogos dos obradoiros e tamén
traballamos a vida e obras do autor agasallado, Antón Fraguas. Algúns dos obradoiros nos que os alumnos e alumnas participaron foron : “Os escornabots “, “ Que medre a lingua “, “ A pesca
das lendas “, “ A xoiaría “ , “ Quen sabe máis …” , “As tres en liña “, “ Recordando a Veiga “,
etc… Unha morea de actividades de
carácter lúdico para que o alumnado puidera desfrutar e aprender ao mesmo
tempo.
Para rematar o evento
contamos coa actuación do Mago Rafa que
asombrou a grandes e pequenos cos seus trucos onde a imaxinación, ilusión e
fantasía foron os ingredientes principais.
Dende o EDL queremos dar as
grazas a todos os compañeiros/as e alumnado pola súa colaboración e
entusiasmo na realización do circuíto
lúdico – lector.
![]() |
Quen sabe máis de ...? |
![]() |
Os escornabots |
![]() |
O Mago Rafa |
No hay comentarios:
Publicar un comentario