O día 5 de novembro de 2019 o alumnado de 3º e 4º de primaria como consecuencia de desenvolver un proxecto sobre as abellas, tivo a honra de recibir unha videoconferencia por Skype de case unha hora, dende o Parque Nacional de Doñana a cargo de D. Ignasi Bartomeus, investigador e científico do Consello Superior de Investigacións Científicas e considerado actualmente como o experto máis importante sobre as abellas en España. Explicounos varias cousas sobre as abellas silvestres as súas semellanzas e diferenzas coas abellas do mel, a súa importancia como axentes polinizadores e de mantemento do equilibrio do ecosistema, e tamén o impacto do cambio climático, enfermedades e pesticidas que están diezmando as poboacións de abellas. Finalmente recomendounos sementar plantas e flores no noso xardín para que non desaparezan as abellas.
Foi una videoconferencia moi dinámica, amena e interesante que despertou no alumnado moita curiosidade e motivación.

Consuelo Losada - Titora de cuarto
No hay comentarios:
Publicar un comentario