Esta mañá o alumnado de 5º e 6º tivo a sorte de participar nun obradoiro de improvisación oral e regueifa con Sechú Sende e a súa filla Maré a Muda
Unha sorte contar con eles, que acercaron ata as nosas aulas o coñecemento sobre as diferentes formas de improvisación oral que temos en Galicia.
Unha xornada moi frutífera, na que os nenos e nenas se animaron á improvisación colectiva sobre temas da actualidade, facendo preceder cada intevención dun... Bomba!, coa finalidade de pedir silencio e respecto aos asistentes para escoitar os "versos" improvisados polos grupos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario