viernes, 28 de junio de 2024

FIN DE CURSO 2023-24

                             Chegamos a final de curso! 

 Para celebralo quixemos facelo cunha xornada lúdica e festiva.

Unha vez máis o equipo de Pinchacarneira axudou a que este remate fose especial.

                                  Bo verán!! Ata o vindeiro curso 2024-25!!

           As clases darán comezo o mércores, día 11 de setembro.




OS NOSOS GRADUADOS/AS

Un ano máis dúas xeracións celebraron o seu  acto de graduación no que foron os auténticos protagonistas.                                 

                          Moitos parabéns polos logros acadados!!




lunes, 17 de junio de 2024

Viaxe a Madrid de 3º e 4º de Primaria

 Partimos do cole coa ilusión de vivir unha aventura máxica. 

Chegou o momento onde a maxia se fixo realidade, o Musical de Aladín transportándonos a un mundo de soños e aventuras. 
 Despois, o Museo das Ilusións, as nosas mentes marabilláronse con trucos e efectos que nos parecían imposibles. Finalmente, no Museo da Aeronáutica e Astronomía descubrimos como os soños poden levarnos ata as estrelas.

MAXIA, ILUSIÓN e VOAR, uníronse para regalarnos esta bonita experiencia.
                                                        
                                         Alumnos/as de 3º e 4º de E.P.



miércoles, 12 de junio de 2024

XORNADA DE CONVIVENCIA NA VEIGA

 O alumnado de Educación Infantil desfrutou onte dunha xornada de convivencia en A Veiga á que, ademais do colexio anfitrión, tamén se sumaba o de Vilariño de Conso.

A primeira hora realizaron a ruta da Cántara da Moura, un paseo ben bonito no que ao final do mesmo quedaron sorprendidos coa historia da lenda do lugar. De camiño ao mirador aprenderon moitas cousas sobre o importantes que son as abellas, e ata poideron degustar o delicioso mel que se fai nesta zona.

A segunda parte da excursión levouse a cabo en O Coiñedo, un lugar ben fermoso onde participaron en diferentes xogos para rematar compartindo un delicioso xantar.

Moitas grazas ao colexio de A Veiga por convidarnos e facer que os nosos nenos e nenas disfrutaran dun día diferente nun entorno espectacular.

                                                                                Preme na imaxe




viernes, 7 de junio de 2024

OBRADOIRO DE HIXIENE BUCODENTAL

 Rematamos a semana  cunha actividade proposta pola nosa ANPA, uns obradoiros de hixiene bucodental nos que participaron todo o alumnado do centro.

Grazas á ANPA do CEIP Bibei por traernos actividades tan interesantes, e a Cristina, que coma sempre, fai que o noso alumnado, ademais de aprender, disfrute nos seus obradoiros.




PREMIO "¿QUÉ ES UN REY PARA TI?"

 No día de hoxe acudimos a Santiago de Compostela á recollida de premios da 43 edición do Concurso anual "¿Qué es un rey para ti?".

A alumna agraciada foi Aurora Margarita Montesinos Fúnez, de 5º de Educación Primaria, que participou cun traballo dixital moi orixinal sobre a figura do rei e a súa familia.

Parabéns, Aurora!

Agradecer e felicitar ao resto do alumnado de 5º e 6º polo seu esforzo e participación no concurso.



EXCURSIÓN DE 3ºCICLO Á ILLA DE ONS

 O alumnado de 5º e 6º fixo unha excursión á Illa de Ons.

Puideron coñecer de primeira man o primeiro Glamping autosostible de Galicia e o seu entorno, situado en pleno Parque das Illas Atlánticas.

Foi unha experiencia inesquecible na que, ademais, disfrutaron dun montón de actividades e da praia.  E o máis enriquecedor, relacionáronse e conviviron co resto dos compañeiros  nun entorno moi diferente ao habitual.

Sen dúbida, unha experiencia para repetir!!




martes, 4 de junio de 2024

"NON AO MALTRATO ANIMAL"

 Hoxe no CEIP Bibei recibimos unha visita moi especial. O alumnado de 1º da ESO veunos contar a cerca dun  proxecto propio que está a desenvolver en contra do maltrato animal e a favor do seu benestar e coidados.

A actividade informativa levouse a cabo en dúas quendas, unha para o  alumnado de 2º Ciclo de Primaria e outra para o de Educación Infantil, todos eles estiveron moi atentos a todo o que estes mozos e mozas lles contaron. Ademais, poideron xogar a diferentes xogos de taboleiros que lles trouxeron feitos por eles mesmos. E ao remate agasalláronos cunhas pegatinas reivindicativas tamén de deseño propio. 

Ao final da actividade, os nenos e nenas de 2º Ciclo tamén poideron escoitar o manifesto en contra do maltrato animal.

Sen dúbida, unha marabilla de mañá! Agradecidos quedamos por esta visita tan especial.