jueves, 23 de junio de 2022

O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA DESPÍDESE DO CEIP BIBEI!

 O pasado 16 de xuño o alumnado de sexto do CEIP BIBEI celebraron a súa graduación. Foi un día moi especial para eles, para os mestres e familias, porque despois de 9 anos marchan do colexio. O acto estivo moi emotivo, entrañable e divertido. Houbo momentos  de ledicia e festa, pero tamén de nostalxia, lembrando todo o que vivimos estes anos e sabendo que esta etapa educativa rematou.

Desexámoslle a todos un futuro cheo de éxitos e aprendizaxe. Este cole terá sempre as portas abertas para vós, que voltedes  para contarnos  que estades a cumprir os vosos soños...Voade alt , queridos estudantes e nunca deixedes de aprender!

Aquí vos deixamos  un álbum de fotos  con algunhas imaxes destes momentos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario