jueves, 27 de abril de 2023

EXCURSIÓN POR VIANA

 Esta semana o alumnado de 1º Ciclo de Primaria realizou unha saída pola vila de Viana do Bolo para coñecer os diferentes servizos dos que dispoñemos a veciñanza.

Queremos dar as grazas a Sara do CIM por acompañarnos durante todo o percorrido e facer de intermediaria co persoal dos diferentes servizos para recibirnos e explicarnos as súas funcións e prestacións á comunidade.  Agradecer tamén a Ramona no Concello, a Leo no Centro de Saúde, á Garda Civil, á Residencia da da Terceira Idade, onde o noso alumnado repuxo forzas despois dun bo rato que levaba xa de percorrido; a Raquel do Centro Social e á casa da Cultura. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración e por facer que nos sentiramos tan ben.



No hay comentarios:

Publicar un comentario