lunes, 17 de abril de 2023

InnovArt 2023

 O alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria estivo na primeira edición de InnovArt 2023, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, onde puideron participar activamente en diversas actividades artísticas e musicais. Toda unha experiencia que tentaremos repetir!

Aproveitamos a viaxe a Santiago para  realizar un percorrido polas prazas máis emblemáticas da cidade e da catedral. Cantas cousas interesantes nos contaron sobre elas!

Tamén fomos visitar o Museo do Pobo Galego, onde realizamos uns divertidos roteiros á vez que descubriamos como vivían os nosos antepasados e a importancia do legado material do noso pobo.

Ah! E poidemos experimentar de primeira man... que a choiva en Santiago é arte!


Preme na imaxe





No hay comentarios:

Publicar un comentario